domingo, 31 de maio de 2020

XUÑO. PROPOSTA SEMANAL

Bos días.

Comeza o mes de xuño o que significa que empezamos a conta atrás. Apenas quedan tres semanas para que remate o curso e finalice o ano escolar máis estrano de toda a historia. Non sabemos o que sucederá dentro duns meses pero todos e todas somos conscientes de que o vivido na última fase  non o esqueceremos nunca.

Imos deixarnos de leria e damos paso á proposta da semana en formato de presentación interactiva. É a mesma plantilla que a da semana pasada actualizada, así que xa sabedes como acceder ás distintas tarefas.

Que teñades unha boa semana, e lembrade pasar por aquí e revisar o correo electrónico por si hay novidades ou información relevante que necesitedes saber.

Un saúdo e ata pronto.

xoves, 28 de maio de 2020

UN POUCO DE TODO: PORCENTAXES MATEMÁTICAS E PLÁSTICA

Bos días,
acabando a semana e acabando o mes de maio.

Este mes estivemos traballando coas porcentaxes, nesta páxina podedes reforzar o aprendido .




E cambiando de tema, tal e como aparece na proposta de plástica de hoxe subimos os vídeos en donde están as explicacións para facer unha libreta.

Aclaramos: son vídeos de 3,4 e 7 minutos aproximadamente, e a razón de mostrarvos tres é porque utilizan ferramentas distintas que, igual non tedes se só vos amosamos un, así atopades alternativas; por outra parte, algunha libreta está cosida pero outras grapadas, coser é máis difícil que grapar e non volo recomendo, por exemplo.

Nada máis, mirade o que consideredes necesario e mans á obra. Non vos liedes. Enviade foto en canto a teñades rematada.

Saúdos.



mércores, 27 de maio de 2020

Recordatorio

Bos días a todos e a todas.

Que tal levades esta semana coa calor que está facendo? Espero que poidades ir á praia inda que sexa pouco tempo.

A entrada de hoxe ten como finalidade recordar, especialmente aos máis despistados e despistadas,  que hoxe está programada unha ficha interactiva de matemáticas en www.liveworksheet.com, para repasar e afianzar as porcentaxes.

Así que xa sabedes, unha vez rematada enviadea ao noso correo (cada curso á súa titora).



Un último apunte: en breve recibiredes información sobre a vídeoconferencia, estade atentos.

Por agora nada máis, vémonos enseguida.

Un saúdo.

domingo, 24 de maio de 2020

Última semana de maio. Proposta do 25 ao 29.

Bos días. Que tal a fin de semana?

Esperamos que sigades ben e  teñades o ánimo suficiente para abordar tranquilamente esta derradeira semana de maio.

Traemos a proposta en formato interactivo a través dunha guía, similar á da semana pasada.

É un modelo mellorado xa que dispón na parte superior da páxina principal dun menú con diferentes pestanas (horario, información xeral, solucionario, luns 25,...):

Pincha na pestana que necesites e atoparás unha páxina dobre. As propostas de cada día están na parte esquerda e para chegar á ficha ou documento pinchade en:

Á dereita de cada páxina atoparedes información complementaria á que podedes ir de forma voluntaria, non son actividades.

Para acceder ao solucionario só podedes facelo a través do menú na páxina principal.

E para volver á páxina principal tedes que facelo pinchando nesta icona:
Ademais dende calquera páxina podedes ir a calquera outra, directamente, sen ter que ir á principal.

Para rematar, dicirvos que esta semana incorporamos as propostas de todas as especialidades, é dicir, música, relixión, E. física e inglés para que teñades todo nun único documento.

Esperamos que vos resulte doado e se tedes algunha dúbida xa sabedes, preguntade a través do correo electrónico.

A continuación tedes a proposta da semana en forma de guía interactiva (non olvidedes ler ben todos os documentos).

Non esquezades pasar por aquí a diario por si hai algún aviso ou cambios importantes.

Un saúdo e ata pronto.


xoves, 21 de maio de 2020

Paisaxes areosas

Bos días. 

Rematamos a semana coa proposta artística.

Inda que tedes o enlace na guía facemos a entrada para que teñades acceso directo á páxina e volver a ela sempre que queirades.

Sen máis, desexamos que teñades unha boa fin de semana. Disfrutade do bo tempo.




mércores, 20 de maio de 2020

SCAPEROOM II

Bos días!

Estades xa preparadas e preparados para abordar o segundo scaperoom? Estamos convencidas que vos ides convertir en auténticas e auténticos expertos.

Como xa vos contamos na proposta, este scaperoom está relacionado coa vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, e sobre o que estivestes traballando esta semana.

Igual que a vez anterior, enviade a clave por correo electrónico e contádenos a vosa opinión.

Sorte e a ver se sodes quen de escapar desta sala virtual.

Ata pronto.


domingo, 17 de maio de 2020

Proposta do 18 ao 22 de maio

Bos días.

Que tal pasastes a fin de semana? Lembrastes que onte foi o Día das Letras Galegas? Entrastes no blogue e vistes o vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero? Esperamos que sí.

Sexa cal sexa a resposta temos que contarvos que traemos novidades: en lugar de presentar a proposta como ata agora imos facelo de forma diferente. A razón do cambio é  facilitar, a través dunha guía interactiva, o acceso aos documentos.

Que necesitades saber? Simplemente seguir as indicacións que tedes a continuación e adaptarvos ao medio.

Se tedes algunha dúbida preguntade a través do correo electrónico e contádenos tamén se vos resulta ou non máis doado, deste xeito podemos valorar se o cambio pagou a pena, temos que buscar outra alternativa ou volver ao formato inicial.

Sen nada máis que engadir, aquí tedes a proposta de semana.

Ánimo e adiante!

Día das Letras Galegas

Cada 17 de maio celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propias; celebramos o Día das Letras Galegas.
En 1863 saíron dunha imprenta de Vigo os primeiros exemplares de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Aquel libro marcaría un fito na historia de Galicia.
En 1963, cando se cumplían 100 anos da publicación da obra de Rosalía, a Real Academia Galega decidiu marcar este día no calendario para festexar e promover as nosas letras.
O Día das Letras Galegas 2020 está dedicado a Ricardo Carvalho Calero: historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor. Foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega e membro da Real Academia Galega.
Por motivos do estado de alarma aplazase a celebración a outubro, vos propoñemos coñecer a Ricardo Carvalho Calero e a súa obra durante esta semana.
Comezamos con este vídeo.

xoves, 14 de maio de 2020

GUÍA: Como facer un traballo de investigación

Bos días rapazas e rapaces:

disculpade porque tiña que estar subida a guía o luns, como non foi posible tédela hoxe para que vos axude coa proposta de sociais.

É moi sinxela, dá unhas liñas xerais que orientan en calquera traballo de investigación. Lédeas e seguide os pasos.

Por certo, o vindeiro domingo é a gran festa das Letras Galegas que, nesta ocasión, como con todo, pasrémola dun xeito diferente. Sabedes a quen se adican este ano? Nuns días o descubriredes.

Nada máis por hoxe, que teñades un día xenial e unha estupenda fin de semana.

Apertas virtuais.

luns, 11 de maio de 2020

Scaperoom

Efectivamente un scaperoom, sala de escape o cuarto de escape é, según wikipedia, un xogo de aventura físico e mental que consiste en encerrar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e quebracabezas para ir desenvolvendo unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo dispoñible.

Cos tempos virtuais que vivimos, este tipo de xogos trasladouse ás pantallas e actualmente hai moitísimas ofertas para distraerse e gozar con propostas deste tipo, tanto individuais como grupais. Parecido a scaperoom son os breakout que están baseados nun videoxogo; neste caso o obxectivo é abrir unha caixa en lugar de saír dunha habitación ou cuarto.

Seguro que algúns de vos xa experimentastes un scaperoom real ou virtual, así que seguro que hai máis dun experto ou experta por aquí.

Chegados a este punto,  vos presentamos o scaperoom que temos preparado e agradecemos a Noelia a súa dispoñibilidade e o seu traballo.

Para que nos enteremos enviade ao correo electrónico da titora a clave que necesitades para saír da sala,vale? e contádenos a vosa opinión sobre a proposta.

Sen máis condicións aquí tedes a proba, ánimo e adiante axentes colaboradores!

Un saúdo e ata pronto.

PROPOSTAS DA SEMANA

Comezamos semana e polo tanto estamos xa todos preparados para iniciar unha nova andaina.

Non esquezades ler ben todas as indicacións e se hai dúbidas preguntade a través do correo electrónico.

O formato é o mesmo de sempre, non hai cambios, polo que contamos que todos e todas sabedes que facer.

Un apunte: para hoxe tedes unha actividade interactiva en www.liveworksheets.com na área de lingua; lembrades que xa fixestes unha de matemáticas que vos daba a opción de enviar por correo electrónico unha vez rematada? Pois ben, nesta ocasión facede uso de esa opción xa que está activado o correo electrónico para que nos chegue. Se non o tedes claro preguntade que nós contestaremos.

Outra pregunta: sabedes o que é un scaperoom ou un breakout?

Se vos fixades ben está preparada unha actividade para mañán martes chamada scaperoom pero ata que chegue o momento non imos explicar nada.

Polo de agora nada máis, deixámosvos en primeiro lugar a planificación da semana e a continuación o documento principal con todas as propostas.

Mañán máis, pasade por aquí para descubrir máis sobre o scaperoom.

Coidádevos moito e sede responsables.

Un abrazo virtual.



xoves, 7 de maio de 2020

VIAXE AO PASADO

Boa tarde.

Acaban de enviarnos un documento interesante que recrea unha época pasada. Parécenos que é moi oportuno e adecuado para vós (ou para calquera).

Invitámosvos a que o miredes e vos trasladedes no tempo, que o vexades con ollos de curiosidade e sobre todo que o gocedes; invitade tamén a papás, mamás e irmáns porque seguro que lle gustará.

Contádenos que vos pareceu nos comentarios do blogue ou a través do correo electrónico. Pinchade na imaxe  e a viaxar.

Un saúdo e ata pronto.


luns, 4 de maio de 2020

COMEZAMOS MAIO

Bos días.

Que tal andades? Porque xa podemos dicir que andades, verdade? Supoñemos que ides pasear todos os días, ou case que todos. Non olvidedes que estamos na chamada Fase 0 da desescalada e non significa que poidamos volver á normalidade, inda queda un rato para chegar a iso, tomade boa nota do que podedes e non podedes facer porque o tema é serio e hai que seguir sendo moi coidadosos e responsables.

Entrando xa en fariña, hoxe traemos a proposta da semana. Coma sempre tedes a planificación en primeiro lugar e a continuación o documento principal coas características de sempre. De seguido atoparedes a infografía matemática para consultar as porcentaxes.

Seguimos recomendándovos que pasedes por aquí todos os días polas novidades ou avisos que necesitemos comunicar; á hora de traballar xa sabedes, nin demasiado rápido nin demasiado lento, sendo conscientes e reflexivos co que facedes e pensando que o esforzo sempre paga a pena.

Vémonos pronto, que teñades unha boa semana.