venres, 19 de xuño de 2020
domingo, 14 de xuño de 2020
DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS
Bos dias.
Hoxe queremos unirnos dende aquí á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e para iso subimos un pequeno vídeo que as intérpretes de lingua de signos e profesorado da nosa escola fixemos para a ocasión.
Así homenaxeamos o avance que supón para as persoas xordas e xordocegas o recoñecemento das linguas de signos para a súa integración na sociedade.
Compartídeo coas vosas familias, amigas e amigos e estaredes contribuindo coa causa.
Un saúdo e bo día.

mércores, 10 de xuño de 2020
ORLA FIN DE CURSO
Bos días.
A conta atrás para que remate este curso tan inusual xa comezou. Pronto teremos que despedirnos.
Unha cousa típica de fin de curso son as fotos para a orla; tendo en conta a situación actual, vos propoñemos crear unha orla virtual cos
vosos avatares, que quedará na memoria para sempre.
Será un recordo especial do voso último curso no Escultor Acuña e deste tempo confinados.
Cada grupo recibirá da súa titora un correo co enlace para que cada un poida crear o seu avatar que se unirá á foto.
Ao final cando estemos todos nas fotos ensinaremos os resultados. Esperamos os vosos avatares, un saúdo.

domingo, 7 de xuño de 2020
Proposta semana do 8 ao 12 de xuño
Bos días.
Comezamos a penúltima semana do curso, un ano que quedará gravado nas nosas memorias para sempre pola excepcionalidade que supuxo aprender a distancia.
Nesta ocasión a proposta é un pouco diferente á das anteriores: é para desenvolver durante toda a semana polo que require unha boa organización pola vosa parte; recomendamos que fagades un guión e un calendario para distribuir as diferentes actividades ou accións que tedes que levar a cabo para que o venres, ou como moi tarde o luns 15, teñades rematado e enviado.
A explicación da tarefa está en formato presentación, atoparédela no luns no apartado "Proposta semanal" (pinchade na pestana + info) e na mesma páxina á dereita. Esperamos que sexa do voso agrado, que disfrutedes con ela e se tedes dúbidas preguntedes a través do correo.
Nada máis, so dicirvos que esteades atentos ao blog porque pode haber algunha novidade ou aviso esta semana.
Así que, sen máis preámbulos, aquí tedes a proposta.
Moito ánimo, un saúdo e vémonos pronto.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)