mércores, 25 de marzo de 2020

Imos a pola 2ª...

Boa tarde nenos e nenas. Estades feitos uns campións organizándovos moi ben e superando día a día este estado de alarma.

Subimos as tarefas de hoxe e mañán e a partir de agora subiremos diariamente 3 actividades ou tarefas, e xa sabedes que tedes a posibilidade de facelas ou non (son os papás e as mamás os que teñen a última palabra); pensade e recordade que son para recordar e aprendido no curso, traballar a vosa autonomía, os hábitos de traballo e para axudar a ocupar o tempo. Lembrade tamén que están subidas á aula virtual.

Esperamos que esteades ben e ata pronto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario