domingo, 26 de abril de 2020

Proposta da semana

Bos días mozos e mozas.

Comezamos a derradeira semana de abril e polo tanto rematamos o mes. A pesar de todo este período de confinamento non podemos deixar de dicir: "Cómo pasa o tempo!" porque chegar ata aquí significa que estamos aproximándonos ao final do curso.

Esta semana  atoparedes algunhas novidades que están explicadas na información xeral; lede con calma toda a información para enterarvos ben. As solucións dos exercicios ou actividades están despois da planificación , no documento xeral. Veredes tamén outras formas de acercarvos á información por medio de infografías, leredes prensa dixital e algunha cousa máis que decubriredes pouco a pouco.

Estade pendentes do blog porque iremos subindo recursos  e  dando algunha indicación.

Para empezar, aquí tedes a planificación (que tamén está no documento principal):


Aquí o documento principal:


Infografía para facer un bo resumo:
Infografía Escolar: Cómo hacer un resumen en cuatro sencillos pasos

Infografía para acceder á prensa dixital (a explicación está nas propostas):

De momento nada máis. Esperamos que a saída á rúa fose satisfactoria e ánimo, que estamos chegando.

Ata pronto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario