No menú de hoxe temos tres pratos que seguro son do agrado de todos e todas. Para comezar propoñemos no primeiro un pouco de enxeño matemático aderezado con pingas de cardinais estratificados; continuaremos cunha tapa de construcións lingüísticas acompañada de texturas gramaticais e para rematar, unha sobremesa saborosísima, nada máis e nada menos que uns snacks de chocolate envasados en envoltura vermella cos que esperamos rematedes cun docísimo sabor de boca (xa nos contaredes).
Bromas aparte, lembramos que ao final desta presentación tedes os documentos aos que nos referimos no parágrafo anterior e que podedes ver en grande se pinchades no recadriño que aparece arriba á dereita (poñede o cursor enriba do documento senon non a veredes).
Lembrade tamén que na Aula Virtual están as propostas das outras áreas e, se tedes tempo e ganas (a participación é totalmente voluntaria), encontraredes os desafíos do profe Arcadio (podedes acceder dende aquí).
Outra cousa, á hora de resolver as tarefas non tedes que seguir a orde na que aparecen porque...
por que non podemos comezar pola sobremesa?
Esperamos os vosos comentarios e preguntas a través do blog e do foro de dúbidas que está aberto na aula virtual.
Ánimo e adiante que vós podedes!!!!
Vémonos pronto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario