martes, 31 de marzo de 2020

En martes, nin cases nin embarques

Bos días rapazas e rapaces. Como vai ese ánimo? Non pode decaer porque estades facéndoo moi ben.  Que tal o menú de onte? Equivocámonos se pensamos que o prato favorito foi a sobremesa? Mmmm. Contade nos comentarios.

E falando de comentarios queremos recordar que para publicalos, é dicir, facelos visibles e que poidan ser lidos no blog, é imprescindible que vos identifiquedes, que digades o voso nome cando escribades.

Para rematar aquí está a proposta de hoxe. Despois da portada tedes unha páxina con información xeral que queremos que leades e teñades en conta porque hai algunha pequena novidade. Así que sen máis vos "entregamos" a proposta.

Un saúdo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario