xoves, 2 de abril de 2020

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Bos días no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Non sabemos se sabedes que no mes de abril celébrase dúas veces o día do libro. Unha celebración é hoxe e outra é o día 23 moito máis coñecida e publicitada.

Para que saibades porqué e como se celebra pinchade na imaxe do cartel deste ano e teredes información sobre o tema.


E, grazas á nosa amiga Ángeles Escribano temos uns poemas de An Alfaya para escoitar, recitados por ela mesma e recollidos no seu libro "Soleando". Pinchade na imaxe para escoitalos que un ratiño de poesía senta moi ben. Moitas grazas a Ángeles e a An Alfaya.





Despois da poesía toca volver á nosa cita diaria. 

Hoxe subimos a proposta de actividades para os dous últimos días do trimestre. Nela atoparedes actividades de lingua, lengua, matemáticas e plástica. Xa sabedes, non as fagades todas de golpe, repartide nos dous días de xeito equilibrado. Mirade unha forma de distribuilas: 




Como todos os días non deixamos de lembrarvos que hai un foro de consultas na aula virtual do cole para que preguntedes se tedes algunha dúbida. Tamén a través dos comentarios do blog podedes preguntar e iremos respondendo. Respecto a este tema aclaramos que estamos respondendo aos  vosos comentarios inda que non son moitos e para velos tedes que ir á entrada na que fixestes a pregunta ou comentario, no apartado de "comentarios" (exactamente aparece co número de comentarios que hai nesa entrada: 2 comentarios, 3 comentarios,...) ao final de todo, despois do texto.

Sen máis (por agora xa é bastante), feliz Día do Libro.

Ánimo que xa queda menos!

Un saúdo e ata pronto.



1 comentario:

  1. ola son Paula, quería preguntar se no exercicio dos títulos tolos hai que facer un conto?

    ResponderEliminar