Ola de novo.
Non sei se coñecedes o dito popular: "unha imaxe vale máis que mil palabras". Non fan falta máis explicacións. Con estas catro imaxes para lembrar que tamén hoxe é o Día Mundial do Autismo queremos facervos chegar e sensibilizar a esa pequena parte da sociedade que sodes, hoxe máis que nunca, que hai un grupo importante de persoas con autismo que necesitan que saibamos da súa presenza e comprensión, da súa maneira de entender o mundo. Dende aquí vai a nosa aportación.
Lede as imaxes e suxerimos que levedes a cabo a proposta que do último cartel.
A vosa participación é importante e necesaria porque a unión fai forza.
Non deixedes de ver ao final desta entrada, o conto O cazo de Lorenzo porque vos axudará a entender ás persoas diferentes.
Moitas grazas e un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario