martes, 14 de abril de 2020

Proposta de actividades para esta semana

Ola de novo.
Xa tedes nesta entrada a proposta de actividades para esta semana. Xa sabedes, marcando un ritmo de traballo adecuado; ademais como acabamos de subir as tarefas pois tedes marxe para facelas con calma.

No documento que tedes ao final hai dúas novidades: unha carta de Mariló informándovos sobre cambios na súa área e unha planificación de actividades da semana. Esa planificación tamén a subimos aquí, na entrada, directamente, para que sexa máis accesible (ou iso cremos).

Tamén tedes un vídeo sobre a Revolución Francesa co que tedes que traballar sociais esta semana; podedes acceder tamén a partir do enlace na planificación.

Hai un par de explicacións máis que dar pero o faremos durante a semana para ir pouco a pouco.

Xa sabedes, se tedes dúbidas preguntade a través dos comentarios ou do foro de dúbidas.

Un saúdo e vémonos pronto.





3 comentarios:

  1. Hola soy pepe queria saber si se van a hacer videollamadas

    ResponderEliminar
  2. Boas, Pepe. Espero que todo estea ben. Con respecto a túa pregunta , tranquilo , avisaremos con tempo sobre as opcións de traballo conforme avancemos.
    Un saudo, Lucía

    ResponderEliminar
  3. O de o venres de sociais hay que facelo en word o en papel .Queria sabelo Soy Pepe Rodriguez









    .

    ResponderEliminar