martes, 14 de abril de 2020

Volvemos

Bos días chicos e chicas!

Esperamos que estedes ben, con ánimo e ganas de volver ás novas rutinas. Xa vedes que o tempo pasa moi rápido a pesar das circunstancias, así que estamos de volta preparados e preparadas para retomar o traballo escolar.


Antes de nada dicirvos que hoxe subiremos as actividades con certo retraso pero xa sabedes que se non as facedes todas no día non pasa nada. Contamos con que estén subidas a media mañán.

Para empezar diremos que temos algunhas novidades para este terceiro trimestre que iremos contando pouco a pouco. En primeiro lugar imos necesitar que nos enviedes un correo electrónico a unha dirección de gmail que vos daremos en breve. Para eso tedes que contar coa aprobación de algún dos vosos pais porque sodes menores de idade, así que suxerimos, se non tedes conta, que fagades unha asociada a do papá o mamá en gmail porque nos vai permitir outra serie de posibilidades que estamos barallando en empregar (tempo ao tempo, xa vos iremos comentando).

O motivo desa conta é para que subades algunha das tarefas que vos mandemos; é dicir, de todas as propostas pediremos que nos enviedes algunha delas, que diremos no seu momento.

Estade pendentes esta semana das indicacións no blog porque estes cambios non empezarán a poñerse en marcha ata a semana que ven pero iremos informando.

Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario