Estades preparados para aceptar o reto?
Como informabamos onte tedes un pequeno cuestionario para cubrir. Podedes facelo no correo elecrónico ou aquí no blogue, vos escolledes.
A razón destas dúas opcións é comprobar que non hai ningún impedimento nos medios que usamos, que probedes o formato e que vos enfrontedes sós a unha pequena proba. En ningún momento pensedes que é un control, exame ou proba avaliable, vale? así que estade tranquilos. Tomádeo como un desafío persoal: ver a vosa competencia dixital, probar a ferramenta, iniciarnos no uso do recurso en liña e, por que non, comprobar o que sabedes sobre a Revolución Francesa.
Lembramos os pasos: lede ben as indicacións do cuestionario, as preguntas a contestar, revisade as respostas, enviar o cuestionario (premede na pestana "Enviar") e comprobar a puntuación (pinchade en "Ver a puntuación" despois de enviar); vai dar unha puntuación porque asignamos a cada pregunta un punto pero require da nosa revisión porque hai dúas preguntas que se non están exactamente igual á resposta rexistradas vai dar error (por exemplo, se as palabras non están escritas na mesma orde ou hai erros ortográficos rexistrará o fallo).
Nada máis, en 10 minutos como máximo está resolto. Facédeo sós en sen revisar apuntes, vale?
En canto o rematedes recibimos a resposta automáticamente.
Un saúdo.